lunes, 9 de noviembre de 2009
Caio Reisewitz
A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Rosón Arte Contemporánea principian unha liña de colaboración coa presentación, nas súas sedes de Vigo e Pontevedra respectivamente, dunha exposición antolóxica que recolle o traballo do fotógrafo brasileiro Caio Reisewitz a través de 54 fotografías de gran formato expostas de maneira simultánea (44 obras en Vigo e 10 en Pontevedra). Caio Reisewitz, representante do seu país na Bienal de Venecia en 2008 e un dos fotógrafos brasileiros con maior progresión internacional, retrata a natureza de forma crúa e brutal, o sublime da mesma no seu concepto máis clásico, dende Friedrich a Xulio Verne, a través de fotografías de gran formato, frontais, obxectivas e neutrais que posúen poder de seu e unha indubidable capacidade de sedución.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario